. As miñas xoias preferidas .

. A miña xoiería artesanal galega .

Carla Alfaia trata de conservar a esencia da xoiería artesanal galega.

A miña marca nace da paixón polos procesos artesanais, da obsesión polo calor do lume e do pracer de traballar coas mans. Creando así, de vagar e con moito amor as miñas xoias de prata artesanais.

Inspírome na miña cultura e a miña tradición e como artesá nada en Galicia busco no máis profundo das miñas raíces, mostrando respecto cara as antigas técnicas de ourivaría. Todo iso dá como resultado unhas xoias de prata contemporáneas cun recordo das pezas clásicas.
Os meus aneis, pendentes, pulseiras, colgantes, gargantillas, broches… son a expresión da auténtica Artesanía de Galicia: pezas únicas realizadas con mimo.
Na miña vertente máis tradicional, centro o meu traballo na filigrana, en concreto filigrana compostelá ou galega. Esta técnica dá lugar á creación de xoias únicas. Céntrome fundamentalmente na figura do Sapo (colgante ou broche que adornaba o peito de toda muller). Trátase dunha xoia case esquecida, raíña da xoiería do século XVIII.
O meu traballo vai moito máis aló, son unha namorada da miña contorna e os elementos que a compoñen. Por iso apaixóname a creación de xoiería de prata artesá inspirada na natureza, nos seus bosques, nos diferentes estados da auga… dando vida a coleccións como « Nuestros Bosques» e « Brétemas».

Go to top
Abrir chat
¿Te ayudo?
Carla Alfaia
Hola, buenas!!

Soy Carla, puede que me pilles creando sueños 😊💍 💎 👑

Pero cuéntame, ¿en que puedo ayudarte?