Sente…
O frescor do bosque…
A suavidade das flores…
O cheiro a terra húmida…
O perfume da nosa contorna…
- Todas as pezas
- Nuestros Bosques
-
Pendentes Floreciñas
38,00 € (IVA incluído) -
Pendentes aros carballo
58,00 € (IVA incluído) -
. Anel “Folliñas de carballo” .
45,00 € (IVA incluído) -
. Colgante “Folliñas de carballo” .
60,00 € (IVA incluído) -
. Pulseira “Folliñas de carballo” .
64,00 € (IVA incluído) -
Anel Folliñas de oliveira
44,00 € (IVA incluído) -
Pendentes -aros “Folliña de oliveira”
56,00 € (IVA incluído) -
. Torque para pescozo “Folliñas de Carballo” .
125,00 € (IVA incluído)
. Sente "Botánica" .
This is custom heading element
Cada folla, cada flor, cada poliña, todos o elemento naturais que creo no meu taller son pezas exclusivas, xoias artesanais realizadas en prata de lei a man ; e do mesmo xeito que os elementos que enchen de beleza a nosa contorna, cada unha delas é única, diferente, irrepetible.
Os aneis, pulseiras, pendentes, colgantes, gargantillas, torques… que forman esta colección están cheos de vida e transmítennos a beleza da nosa contorna.
As técnicas desta colección son variadas pero as fundamentais para elaborar esta colección son o calado e o reticulada da lámina de prata.
O calado consiste en cortar cunha segueta ou serra as formas dos diferentes elementos que compoñen cada xoia.
O reticulado é unha técnica moi antiga na que hai que controlar moi ben a temperatura do lume. consiste en semifundir a capa superior da lámina de prata creando así tensión no metal e conseguindo engúrralas tan características destas pezas e que lle achegan ese aspecto tan orgánico.
Xoias realizadas en prata de lei e con acabados que lle outorgan profundidade e carácter.
As cores vibrantes das follas na primavera fanme sentir viva, con forza. O florecer das hortensias transpórtame ás tardes de verán no xardín dos avós, os lirios nos frescos paseos polo bosque ao aterdecer lémbranme a beleza de todo o que a natureza nos dá.
O silencio ruidoso acóugame, transmíteme serenidade. E os cheiros… cheiros que me fan conectar coa miña infancia: a madeira, a humidade, a herba, as flores…
Ao comprar unha destas pezas levarás contigo o encanto dos bosques galegos, dos xardíns da túa infancia e un pouquiño das sensacións que a min transmíteme esta contorna.