Colgante de prata , representación da Maternidade, de mamá e o seu bebé, do vínculo máis forte que existe.

Un colgante que che encherá de luz e farache lembrar o momento máis duro pero tamén máis tenro da vosa vida xuntos.

É unha xoia de autor única que só lucirá no teu peito. Peito acubillo e seguro para o teu bebé.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

129,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles

Add to wishlist

Colgante inspirado na maternidade. A xestación e/ou a lactación son momentos especiais para toda muller.

Esta xoia realizada a man en prata de lei trata de plasmar todos os sentimentos desta fermosa etapa. O medo, a ilusión, a inseguridade e o amor máis grande que existe. Cada filigrana de prata formada a man é unha espiral inédita que dá lugar a unha xoia de autor única.

Unha pequena peza de autor que representa a mamá e bebé.

Unha xoia elaborada de forma tradicional para as mamás actuais.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

69 x 36 mm (incluída argolla)

Materiais:

Colgante en prata de lei.
Cordón en antelina con peche en prata.
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.