DestacadaVendido

Colgante Un Sapo, Unha muller.

“Un sapo, unha muller” é un Colgante – sapo contemporáneo de gran porte.

Trátase dunha xoia que che encherá de luz e maxia facéndoche sentir única.

O sapo galego é a representación da vida, da calor, da luz. É un símbolo protector, de muller.

Esta é unha peza única realizada a man para representar toda a túa forza, toda a túa personalidade.

Cada sapo representa á muller que o porta.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

600,00  (IVA incluído)

Esgotado

Este tipo de colgante é a xoia máis representativa da xoiería galega, de gran importancia no século XVIII e actualmente bastante descoñecida.

Este sapo está composto por tres pezas móbiles, con acibeches asturianos labrados manualmente que lle outorgan forza á xoia.

O máis característico deste colgante, é un corpo inferior, un acibeche completamente en bruto abrazado por unha tira de filigrana.

Sapo deseñado e elaborado con moito amor, apaixonada polo significado deste tipo de xoia, dou forma a cada unha das súas curvas con moita delicadeza. Unha auténtica xoia de autor pensada para pasar de muller a muller, de nai a filla. Símbolo de luz, vida e forza.

Déixache levar pola maxia da tradición e asolagarche da enerxía das mulleres de outrora sen perder a beleza actual.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.