Vendido

Anel Folliñas de oliveira

Anel formado por unha folla de oliveira, folla realizada a man con prata de lei. Déixache envolver pola beleza e a maxia da natureza.

. Cada folla realizada a man é única, como cada elemento da natureza: como ti.

 

Podes tomar a túa medida picando no debuxo da cinta métrica.

 

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

44,00  (IVA incluído)

Add to wishlist
SKU: N/D Categorías: , , ,

O anel “ Folliña de oliveira” está inspirado nas follas da oliveira, árbore milenaria venerada por todas as civilizacións e considerado símbolo de paz e prosperidade, sabedoría e vitoria.

Coa colección “O noso Bosques” trato de transmitir a beleza das súas paisaxes máis puras. Cada folla realizada a man con mimo farache sentir a forza da natureza, cos seus nervios e as súas rugosidades, imitando as follas caídas no outono.

As técnicas de xoiería utilizadas para a elaboración desta colección son o segueteado, o reticulado e o abrillantado.

A man leva a segueta polo contorno da folla para recortar a silueta. O seu nervio central colocado minuciosamente. A destreza co soplete fai posible o reticulado e semifundido da folla .

Medidas da folla:

Ancho:10 mm aprox.
Material: Prata de lei 925.

As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma.

Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado: podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.