Destacada

arracadas pequenas Fonsagrada

Arracadas dá Fonsagrada, pendentes tradicionais lucenses.

Contan as avoas, que outrora eran un presente para as nais primerizas.

Medidas: 23 x 25 mm máis gancho.

O seu peche, cun gancho que se esconde nunha semiesfera, faios aínda máis especiais. Unha xoia de autor única.

Uns pendentes artesanais para o traxe rexional galego ou para o uso diario.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

75,00  (IVA incluído)

2 dispoñibles

Add to wishlist

Contan as señoras de avanzada idade que estes pendentes eran regalados ás recentes nais. Tradición que conseguiu que estes fermosos aros estean moi presentes nesta zona de Lugo.

Un pendente cargado de beleza pola súa simplicidade.

E que dicir do seu significado e a tradición que levan detrás.

Arracadas elaboradas a man para que luzas uns pendentes cargados de tradición, significado e maxia.

Estes aros, planos, lisos e cunha soa filigrana cuxa función é dar estabilidade ao pendentes, teñen un peche seguro de media esfera. Colócanse de atrás cara adiante, facendo encaixar o fío de prata no buraco da esfera.

Se dúbidas en como poñelos ou cal é a mellor forma de pechalos Escríbeme! Mandareiche un vídeo.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus partes lisa brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

23 x 25 mm máis gancho.

Materiais:

• Prata de lei 925

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Oferta