Vendido

. Brétemas, pendentes medio medialúa .

Estes pendentes de tamaño medio realizados  cunha fina lámina de prata de lei  e engurrados baixo a calor do lume, reflicten as luces do día do mesmo xeito que a auga da nosa terra para ofrecerlle ao teu rostro un brillo único. Están feitos 100% a man.  Son unha xoia de autor única.

Déixate envolver pola frescura do brillo da auga e consíntete cuns pendentes únicos.

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

35,00  (IVA incluído)

Esgotado

Categoría: Etiquetas: , ,

Os pendentes Brétemas reflicten a luz do día, xogan coas tonalidades e as luces polo que non se ven igual un día de tormenta que unha mañá soleada. Inspirados no rocío da mañá, na escuma do mar, na choiva, nos ríos de Galicia e a néboa que nos envolve polas mañás; reflicten as luces igual que a auga que enriquece a nosa terra.

Son pendentes texturizados baixo a calor do lume e realizados nunha chapa delicada de prata de lei. As súas engurras e pliegues tratan de imitar as correntes de aire e auga, enchéndoos dunha luz moi especial, luz que enmarcará o teu rostro  dotándoo dun brillo especial.

A fina lámina permíteme crear pendentes de grandes dimensións sen perder comodidade.  non te atreves cos Maxi Brétemas? O tamaño medio é o teu, lixeiros e cómodos. O seu espigo e peche a presión fan que sexan moi prácticos e fáciles de poñer.

Non esquezas que son xoias únicas feitas a man onde o lume xoga un papel moi importante, por iso, os pendentes son diferentes entre eles e pode haber sutís diferenzas entre as imaxes e os pendentes que vaias recibir. Isto é o que os converte en auténticas xoias de autor artesanais.

Poderás atopar tamén unha versión maxi destes pendentes medialuna tan especiais.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

35 x 17 mm

Materiais:

  • Prata de lei 925

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.