Vendido

Colgante – broche Máscara Boteiro. Vilariño de Conso

Colgante e broche inspirado en “Os Boteiros” do Entroido de Vilariño de Conso.

 

REALÍZASE POR ENCARGO PODENDO PRESENTAR PEQUENAS VARIACIÓNS CO DA IMAXE.

TEMPO DE EXECUCIÓN: 7 DÍAS

 

No seu parte traseira ten unha argolla para cordón, cadea, lazo… e un borche de prata.

Este colgante é un tributo ás tradicionais Máscaras do Entroido de Vilariño de Conso, Vos Boteiros.

Repetando a forma da Máscara e adornada con filigrana formada a man, este colgante é unha xoia de autor única.

 

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

160,00  (IVA incluído)

Esgotado

Colgante ou broche , inspirado en VOS BOTEIROS dos nosos entroidos, feito completamente a man en prata 925. A unión de tradición cultural e técnicas de xoiería clásicas, dan lugar a unha xoia única.

Xoia deseñada e elaborada con moito mimo, dando forma a cada unha das súas filigranas e perfís. Unha auténtica xoia de autor , homenaxe ás Máscaras do noso Entroido.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas: 50 X 40 mm. Materiais: Colgante en prata de lei. Cordón de coiro (Curto, tipo gargantilla) Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire. Limpeza e abrillantado: Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.