. Colgante “Folliñas de carballo” .

Colgante con forma de aro con dúas follas de carballo feitas artesanalmente en prata 925. Adéntrate na maxia do bosque galego. Cada folla é realizada de forma artesanal baixo a calor do lume, cada peza é única: igual que ti.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

70,00  (IVA incluído)

2 dispoñibles (pode reservarse)

Add to wishlist

Deseñado sobre un aro irregular duns 6 cm aproximados de diámetro. Dúas follas de prata elaboradas a man enlazadas enchen devandito aro.

Todas as follas son elaboradas con mimo baixo a calor do lume. Recortadas unha a unha, con cada nervadura única colocada minuciosamente. As nervaduras son semi-fundidas baixo o soplete para unir todos os elementos sen necesidade de soldaduras: así consigo esa textura tan característica das miñas follas de carballo.

Finalizo o proceso cun oxidado puído que nos permite apreciar a profundidade das súas texturas.

Déixache atrapar pola beleza dos nosos máxicos bosques.

Medidas:

Aro: 60mm aprox.
Folla grande: 47×28 mm.
Folla pequeña: 20x14mm.
Longo cordón: 68cm.

Material: prata de lei 925 e cordón de antelina con peche artesanal en prata de lei.

As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma.

Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado: podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.