Vendido

sapo-gota-acibeche e esferas de prata

Este colgante é unha peza única feita completamente a man en prata de lei e acibeche asturiano.

O sapo, que é como se coñecen este tipo de colgantes do século XVIII, representa a vida, a calor, a luz. É un amuleto protector onde as súas dúas pezas inferiores representan ao aparello reprodutor feminino.

Medidas: 78 x 42 mm.

Entrégase coa súa cadea de prata.

Esta é unha peza única realizada a man para representar toda a túa forza, toda a túa personalidade.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

239,00  (IVA incluído)

Esgotado

Estes colgantes tradicionais galegos son a xoia reina galega, moi presentes na xoiería do século XVIII.

Este sapo con esferas de prata, está composto por tres corpos móbiles; con perfís de prata segueteados parcialmente a man un a un, que xunto ás súas esferas e as súas filigranas elaboradas en fío liso e rizo dan lugar a unha xoia chea de luz e de forza, que reflectirá a túa luz interior.

Sapo deseñado e elaborado con moito amor, apaixonada polo significado deste tipo de xoia, dou forma a cada unha das súas curvas con moita delicadeza. Unha auténtica xoia de autor pensada para pasar de muller a muller, de nai a filla. Símbolo de luz, vida e forza.

Déixache levar pola maxia da tradición e asolágache da enerxía das mulleres de outrora sen perder a beleza actual.

O colgante entrégase cun cordón de antelina con peche en prata, se tes preferencia por algunha medida en concreto, déixame unha mensaxe coa medida.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medida colgante:

Persoalizado, 35 cm, 40 cm, 45 cm, 50cm, 55 cm, 60 cm

Medidas:

78 x 42 mm.

Materiais:

Sapo en prata de lei .
Cadea de prata 45 cm.
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.