Vendido

. Sapo-colgante con pingas de acibeche e esferas de luz .

Colgante – sapo contemporáneo. Trátase dunha xoia que che encherá de luz e maxia facéndote sentir única. O sapo galego é a representación da vida, da calor, da luz. É un símbolo protector, de muller.
Esta é unha peza única realizada a man para representar toda a túa forza, toda a túa personalidade.

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

224,00  (IVA incluído)

Esgotado

Este tipo de colgante é a xoia máis representativa da xoiería galega, de gran importancia no século XVIII e actualmente bastante descoñecida.

Este sapo está composto por tres pezas móbiles, dous acibeches asturianos labrados manualmente en forma de pinga que lle outorgan forza á xoia. E catro semiesferas de prata, reflexo de luz, reflicto da alma.

Sapo deseñado e elaborado con moito amor, apaixonada polo significado deste tipo de xoia, dou forma a cada unha das súas curvas con moita delicadeza. Unha auténtica xoia de autor pensada para pasar de muller a muller, de nai a filla. Símbolo de luz, vida e forza.

Déixate levar pola maxia da tradición e encherte da enerxía das mulleres de outrora sen perder a beleza actual.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bolas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

100x44mm

Materiais:

  • Sapo en prata de lei e acibeche asturiano.
  • Cordón en antelina con peche en prata.

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.