DestacadaVendido

Gargantilla filigrana e acibeche

Gargantilla de prata e acibeche inspirado na xoiería tradicional galega.

Unha gargantilla que che envolverá en maxia grazas ao seu acibeche central. Un colar que che fará sentir única, igual que el.

É unha xoia de autor exclusiva que só lucirá no teu peito.

Inclúe cadea de prata de lei.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

110,00  (IVA incluído)

Esgotado

Esta gargantilla é unha xoia artesá realizada en prata 925 e acibeche asturiano, é a unión da tradición e a contemporaneidade, respectando a técnica tradicional , buscando formas, curvas e texturas actuais.

esta xoia está elaborada con moito amor, desde o seu coidado deseño ata o seu último pulido.

Unha auténtica xoia de autor pensada para pasar de muller a muller, herdanza de luz, vida e forza.

Déixache levar pola maxia da tradición e asolágache da enerxía das mulleres de outrora sen perder a beleza actual.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Materiais:

Colgante en prata de lei e acibeche asturiano.
Cadea de prata 45 cm (40 + 5 cm alargador regulable)..
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.