Destacada

Pendentes mini filigrana. Espigas

Pendentes mini, de 1 cm aprox.

Pensados para as orellas máis discretas.

Realizados en prata de lei completamente a man.

Queres lucir a nosa tradición xoieira?

 

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

25,00  (IVA incluído)

3 dispoñibles (pode reservarse)

Add to wishlist

A filigrana, técnica de xoiería tradicional moi representativa da xoiería galega.  A combinación de fíos traballados en espirais e pequenas bólas permítenme crear xoias especiais como esta, pequenas pezas con moita alma.

Lestes pendentes mini son ideais para uso diario ou para non lucir cun colgante sen recargar o estilo.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas: 1 cm aprox. Materiais: • Prata de lei 925 Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire. Limpeza e abrillantado: Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.