Pendentes péndulo, sapos de luz

Pendentes inspirados nos sapos tradicionais galegos, realizados totalmente a man en prata 925 . Cada unha das súas espirais formada minuciosamente a man fan que sexan uns pendentes únicos, como ti.

A filigrana sen base visible, é máis lixeira e ao traspasar máis luz entre os seus fíos encaracolados, son pendentes máis luminosos. Estes pendentes encherán o teu rostro de luz. Cun longo intermedio son perfectos para un evento especial ou para o día a día. Pendentes lixeiros e vistosos.

Unha pequena xoia de autor artesanal que che fará sentir única e diferentes.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

145,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles

Add to wishlist

Pendentes de corte tradicional, inspirados nos sapos galegos e con forma de péndulo. Zarcillos longos, lixeiros e cómodos. cun estilo atemporal. Son unha xoia artesanal única. Realizados en prata de lei.

As súas grandes esferas e as súas filigranas moi caladas permiten pasar e reflectir a luz para enmarcar o teu rostro cunha luminosidade especial.

Son pendentes medio-longos pero lixeiros. Moi versátiles, podes lucilos un domingo pola tarde coas túas amigas ou ser a noiva ou invitada única e especial.

Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita verase. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos, quedando escuros os seus bajorelieves, resaltando a luz da filigrana.

Medidas:

56 x 25 mm aprox.

Materiais:

Prata 925.
Presión de prata de lei.
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.