DestacadaVendido

Pendentes Sapo filigrana e reflexos de luz

Pendentes sapo realizados a man, despacito e con moito mimo en prata 925. Cada filigrana formada unha a unha fan desta xoia unha peza única.

A filigrana calada deixa pasar a luz, outorgando lixeireza e aumentando os reflexos e os brillos. Estes pendentes encherán de luz o teu rostro. Co seu peche de espigo e presión a súa colocación é moi simple.

As súas grandes presións axudan a equilibrar o peso e a coidar os teus lóbulos.

Son unha auténtica xoia de autor para lucir en calquera momento.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

280,00  (IVA incluído)

Esgotado

Pendentes inspirados en nosa Sapo, xoiería tradicional galega. Son zarcillos vistosos, lixeiros, cómodos e atemporales. Feitos a man, con coidada elaboración en prata de lei.

Formados sobre unha fina lámina de prata e lixeiras filigranas. As súas esferas de prata serán o centro de todas as miradas outorgándolle ao teu rostro unha luz extra que che fará cegar. Pendentes lixeiros, cómodos e moi luminosos.

Uns pendentes grandes pero cómodos para lucir todos os días.

A unión das súas tres pezas fai que estean dotados de movemento o que, xunto ás súas esferas de prata, fan destes pendentes unha fonte de luz que enmarcará as túas faccións.

Sapos para lucir en calquera ocasión.

Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita verase. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos, quedando escuros os seus bajorelieves, resaltando a luz da filigrana.

Medidas:

65 x 25 mm

Materiais:

Prata 925
Presión de prata de lei.
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.