Destacada

Arracadas medianas Fonsagrada

Aros dá Fonsagrada, pendentes rexionais da provincia de Lugo.

ESGOTADAS! Podes compralas e envíochas en tres ou catro días.

Tradicionalmente eran regalados co nacemento do primeiro fillo.

O seu peche, cun gancho que se esconde nunha semiesfera, faios aínda máis especiais. Unha xoia de autor única.

Uns pendentes artesanais para o traxe rexional galego ou para o uso diario.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

82,00  (IVA incluído)

3 dispoñibles

Add to wishlist

Contas as avoas da zona que as ” arracadas da Fonsagrada” regalábanse ás mulleres ao dar a luz o seu primoxénito. Tradición que conseguiu que estes fermosos aros estean moi presentes nesta zona de Lugo.

Un pendente simple, cargado de beleza e cun significado precioso.

Arracadas elaboradas a man para que luzas uns pendentes cargados de tradición, significado e maxia.

Estes aros, planos, lisos e cunha soa filigrana cuxa función é dar estabilidade ao pendentes, teñen un peche seguro de media esfera. Colócanse de atrás cara adiante, facendo encaixar o fío de prata no buraco da esfera.

Se dubida en como poñelos ou cal é a mellor forma de pechalos Escríbeme! Mandareiche un vídeo.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus partes lisa brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

27 x 36 mm (Inclúe o fío do peche).

Materiais:

• Prata de lei 925

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Oferta