Destacada

. Arracadas Maxi Fonsagrada.

Arracadas ou aros tradicionais da zona da Fonsagrada, Lugo.

Pendentes símbolo de maternidade.

O seu peche faios aínda máis especiais. Unha xoia de autor única.

Déixate envolver pola maxia da tradición e consínteche cuns pendentes únicos.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

90,00  (IVA incluído)

2 dispoñibles (pode reservarse)

Add to wishlist

Contas as avoas que as ” arracadas da Fonsagrada” eran regaladas ás mulleres co nacemento do primeiro fillo. Unha tradición que conseguiu que estes fermosos aros estean moi estendidos na zona de Lugo. un aro simple, cargado de beleza e cun significado precioso.

Pendentes creados de forma artesanal e con moito mimo para que poidas portar toda a tradición e maxia que transmiten estas arracadas.

Estes aros, planos, lisos e cunha soa filigrana cuxa función é dar estabilidade ao pendentes, teñen un peche seguro de media esfera. Colócanse de atrás cara adiante, facendo encaixar o fío de prata no buraco da esfera.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

40 x 33 mm

Materiais:

• Prata de lei 925

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.