Este tipo de colgante é a xoia máis representativa da xoiería galega, de gran importancia no século XVIII e actualmente bastante descoñecida.
Este sapo está composto por tres pezas móbiles, dous acibeches asturianos labrados manualmente en forma de pinga que lle outorgan forza á xoia. E catro semiesferas de prata, reflexo de luz, reflicto da alma.
Sapo deseñado e elaborado con moito amor, apaixonada polo significado deste tipo de xoia, dou forma a cada unha das súas curvas con moita delicadeza. Unha auténtica xoia de autor pensada para pasar de muller a muller, de nai a filla. Símbolo de luz, vida e forza.
Déixate levar pola maxia da tradición e encherte da enerxía das mulleres de outrora sen perder a beleza actual.
Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bolas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!
O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.