Esta xoia inspirada en forma nos torques romanos e terminada con dúas follas de carballo, está totalmente confeccionada en prata de lei e trátase dunha peza maciza. Cada folla e cada enredado sobre o fío de prata está feito de forma artesanal, co que consigo que cada peza sexa única na súa totalidade.
É o lume o que forma a superficie da folla dotándoa desa característica textura, finalizando co oxidado que lle outorga profundidade e vida á gargantilla.
Esta colección está inspirada nos bosques galegos, tratando de transmitir a súa beleza e a súa maxia. Cada peza realizada con agarimo transmitirache toda a enerxía da natureza e farache sentir libre, única.
Con este Torque a natureza abrazará o teu pescozo con todo o mimo que transmite unha xoia feita a man.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.