. Torque para pescozo “Folliñas de Carballo” .

Gargantilla con abertura frontal e rematada en dúas follas de carballo. Tan única e especial como ti. 

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

140,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles (pode reservarse)

Add to wishlist

Esta xoia inspirada en forma nos torques romanos e terminada con dúas follas de carballo, está totalmente confeccionada en prata de lei e trátase dunha peza maciza. Cada folla e cada enredado sobre o fío de prata está feito de forma artesanal, co que consigo que cada peza sexa única na súa totalidade.

É o lume o que forma a superficie da folla dotándoa desa característica textura, finalizando co oxidado que lle outorga profundidade e vida á gargantilla.

Esta colección está inspirada nos bosques galegos, tratando de transmitir a súa beleza e a súa maxia. Cada peza realizada con agarimo transmitirache toda a enerxía da natureza e farache sentir libre, única.

Con este Torque a natureza abrazará o teu pescozo con todo o mimo que transmite unha xoia feita a man.

Medidas:

Torque: 130×120 mm aprox.
Folla grande: 47x28m.
Folla pequena: 37x27mm

Material:

Prata de lei 925

A elasticidade da prata permite abrilo sutilmente para colocalo desde a caluga cara adiante. Sempre sen forzar para non deformar a peza.

Pódese realizar noutras medidas. Simplemente teste que por en contacto comigo.

As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma.

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.