" As miñas pulseiras de prata de lei gardan esa maxia do puramente artesán. "

Pulseiras de prata deseñadas con paixón e creadas a man unha a unha. O que as fai pezas moi especiais que farán que o teu estilo sexa único e orixinal.

Aquí poderás atopar pezas moi elaboradas, onde os fíos de prata 925 mestúranse en filigranas. Formando xoias de autor con aire vintage únicas, moi versátiles. Poderás levalas en calquera ocasión vestindo o teu pulso cunha pequena obra de arte.
Os brazaletes e pulseiras de filigrana son pezas onde a simetría e o equilibrio son imprescindibles para crear unha xoia agradable.

Nesta sección atoparás moito máis: Xoias modernas, algunhas moi vistosas e outras minimalistas, pero non por iso menos especiais.

Torques de pulso, antiga xoia Romana, con deseños moi modernos: terminacións en follas ou en madexas de fíos fan que estas pezas sexan diferentes e especiais. Quedarán xenial cun look moi sinxelo.

Pulseiras de prata inspiradas nas follas dos nosos bosques, brazaletes que che transportarán todo o máis profundo deste paraíso galego e faranche sentir a maxia dos seus seres: elfos, trasgos, fadas… proporcionando sensacións únicas. Son xoias en harmonía coa nosa natureza atréveste a sentirte como unha fada en todo momento?

Son o agasallo perfecto para esa persoa tan especial. Só tes que buscar o estilo que a defina e poderás atopar o agasallo para calquera celebración.

Ao comprar unha das miñas xoias, non só estarás a adquirir unha peza única e feita con moito mimo e coidado. Senón que tamén estarás a apoiar un traballo artesán, unha filosofía de vida. Ademais, estarás a comprar produto feito en Galicia, un produto local e de proximidade coas vantaxes que nos ofrecen as tendas en liña.

" Ao comprar unha das miñas pezas non só adquires algo único: estarás a apoiar un traballo artesán, unha filosofía de vida. "

Pulseiras de prata artesanais que lucirán espectaculares en calquera ocasión. Atopa a túa!