• Todas as pezas
  • Aneis minimalistas
  • Pendentes minimalistas
  • Colgantes minimalistas
  • Pulseiras minimalistas

. Xoias minimalistas cheas de carácter .

" Nesta categoría atoparás as miñas xoias de corte simple, pero non por iso son alfaias comúns. Deseño e creo xoias diferentes, complementos con carácter, distintos. Porque o que nos fai diferentes é o que nos fai únicos. "

Xoias minimalistas realizadas en prata de lei, unha a unha, elaboradas a man con paixón cara ao meu traballo. Sempre coa ilusión de dar vida a xoias únicas que vos fagan sentir especiais.

Ademáis, todos estes aneis, pendentes, colgantes … están dotados de significado. Como con todo o que creo, busco plasmar un sentimento, unha causa, un porqué. Son xoias minimalistas que representan algo. Creo que a xoiería debe de ir máis aló dun mero complemento, as xoias son emocións e sentimentos, non simples obxectos. Aneis que representan a unión entre dúas almas ou pendentes que simbolizan cos seus pequenos detalles os nosos esforzos diarios.

Xoias que son unha auténtica declaración de amor desde antes de ser obxecto sen deixar de pertencer á xoiería minimalista.

Son pezas sinxelas, normalmente moi finas e sutís, que sentan xenial en calquera corpo, en todas as mans, en todos os lóbulos, en todos os pescozos. Xoias que che farán sentir sinxela pero diferente, que crearán obsesión, que se convertirán no teu complemento imprescindible, non poderás saír de casa sen elas. Só tes que buscar a túa. A que che complementará.

Xoias minimalistas cómodas de levar e sinxelas de combinar. Perfectas para lucir en solitario ou en conxunto: varios aneis, todos iguais ou de estilos diferentes, todos quedan xenial entre si, podes poñer varios nun só dedo ou xogar con eles en varias falanxes, atrévete a combinalos.

" Tamén podes combinar varios pendentes se tes máis dun buraco na orella, ou, Por que non? Un pendente diferente en cada orella queda xenial e crearás un estilo único… "

Son pequenas xoias que adornan o noso corpo sutilmente sen recargalo. Pezas consideradas xoiería minimalista que non eclipsan pero si destacan.