This is custom heading element

This is custom heading element

. Para Eles . é unha colección de xoias de autor deseñadas para homes. Pezas realizadas en prata de lei e coiro de primeira categoría. Xoias únicas pensadas para lucir no teu día a día.

 

Nalgunhas pezas a prata de lei está engurrada ao lume. Con iso consigo que cada peza sexa única e inimitable creando así unha capa texturizada que se asemella á cortiza das árbores.

Estas engurras, proceso de reticulado, como se coñece en xoiería, Poderalas atopar en combinación con outros detalles. Poden ser diminutas boliñas de prata, algunha filigrana tan característica da nosa xoiería galega máis tradicional, ou algunha folla de carballo para que te perdas un pouco polos nosos bosques.

 

Outras estarán formadas por filigrana, buscando lineas rectas que a enmarquen para alcanzar un toque completamente masculino.

Atréveste a lucir filigrana? son xoias exclusivas coas que marcarás a diferenza.

Son xoias para cabaleiro, coas que trato de alcanzar o equilibrio entre a discreción, a exclusividade e o carácter.

This is custom heading element

Porque eles tamén poden lucir xoias únicas.