· Fíos · Significa sentimentos, emocións. Unión entre dúas persoas.

Un fino fío de prata para simbolizar o realmente importante.

" Fíos nace a través do xogo. Ata onde se pode forzar o fío de prata? "

Esta é unha das miñas primeiras coleccións e vai evolucionando co tempo.

Esta colección representa a complexidade da nosa alma, trata de plasmar os sentimentos e emocións. O fío de prata de lei é entrelazado sobre si mesmo para crear estas xoias, fío continuo, que do mesmo xeito que os nosos sentimentos, escápase do noso control para formar xoias únicas.

Aquí poderás atopar pezas grandes e pequenas, un ancho brazalete para algunha ocasión especial; ou uns pendentes de botón a xogo cun anel plano para lucir no teu día a día.

Todas as pezas están entrelazadas a man, non hai duas iguais!

Son o agasallo perfecto, pezas frescas e únicas para levar en calquera ocasión.