En . Bosquexos . atoparás xoias con nome propio.

Pezas realizadas por encargo, deseñadas pensando na persoa que a vai recibir.

Son xoias que gardan sentimentos, emocións, intencións. 

Precisas transmitir algo a través dun agasallo?

. Coñece Bosquexos .

" Bosquexos é unha colección de xoais únicas deseñadas con intención. "

. Bosquexos . son intencións, persoas que queren contar unha historia, gardar sentimentos dentro de un obxecto. Son pezas deseñadas por y para algo. Unha declaración de amor, un acto de lealdade, un fermoso recordo para conmemorar algo.

Aquí podes atopar algunha de estas xoias coa sua historia, ou polo menos unha parte de ela.

Todas as xoias personalizadas recórdoas con moito cariño, porque nelas sempre hai sentimentos. Un sapo para unha pedida de man, unha caixa de prata para atesorar a alianza dun amor falecido, pendentes para unha noiva con detalles que recordaban aos da súa nai o día do seu casamento… Son moito máis que obxecto ornamentais, son sentimentos, momentos, emocións. Son Historias. Pode ser a  tua historia.

Queres unha xoia personalizada coa que transmitir algo importante?