Carla Alfaia: Xoias de autor

A paixón pola artesanía faime crear a miña propia firma de xoias de autor.

Pero esta paixón nace moito antes, desde nena sentinme cativada por todos os oficios artesanais, coqueteando con moitos deles.

Era a nena “rara” que prefería as ferramentas de papá e de avó aos xoguetes convencionais, servíame todo co que se puidese crear: martelos, serras, trades, tesoiras… Dábame igual a materia prima: madeira, barro, papel…

Tras titularme como mestra de Educación Infantil, descubrín o poder do lume e a maxia da prata ao ser manipulada. E namorei: foi amor “ao primeiro contacto”.

Desde ese momento aparquei a profesión que me daba titulación e comecei a investigar, a experimentar, a formarme, a probar e sobre todo, a xogar.

Qué mellor forma de aprender que a través do xogo?

E como un neno descubrín este novo mundo ao calor do lume transformador…

Dese xeito fun aprendendo a dominar o metal e a utilizar diversidade de ferramentas.
Creando aos poucos o meu propio estilo, as miñas xoias de autor.
Síntome conectada con cada unha das pezas únicas que realizan as miñas mans e deixo en cada unha delas un anaquiño da miña alma.

. A miña visión da artesanía .

Creo firmemente na artesanía de verdade: esa artesanía onde cada xoia feita a man é única e irrepetible.

O traballo artesán onde as ferramentas son guiadas polas mans para, desta forma, poder encher o noso traballo de sentimento.

No meu taller, o fío de prata estírase manualmente, a fundición de lingotes é imprescindible, as bólas de prata son feitas unha a unha baixo a chama do soplete, as semiesferas traballadas con segueta e embutidores, o soldado de cada fío co soplete… o cordón fágoo co berbiquí do bisavó!…

Xogando e experimentando conseguín dominar a técnica da filigrana que é o aspecto máis representativo do meu traballo.

"Creo firmemente na artesanía de verdade: esa artesanía onde cada xoia feita a man é única e irrepetible."

"Ao entrar no taller empezo co traballo de fondo: preparo a lámina, os fíos, a semiesferas, as argollas, as batas para os acibeches…”

. Xoiería de autor: como nacen as miñas pezas .

Ao entrar no taller empezo co traballo de fondo: preparo a lámina, os fíos, as semiesferas, as argollas, as batas para os acibeches… É un traballo mecánico, que me relaxa e permíteme empezar a deseñar mentalmente a peza que quero crear. Así empeza todo, co traballo de fondo.

A partir de aquí empeza o deseño, ás veces partindo dun bosquexo previo, outras deixando voar a imaxinación ao entrar en contacto coa prata de lei.

Combinando os diferentes elementos dou vida a todas as pezas que compoñen esta colección: aneis, pulseiras, broches, colgantes, pendentes… Tratando de levalas máis aló do tradicional, rompendo esquemas, patróns… Tento alcanzar sempre un aire máis actual, xogando coas formas, grosores e torcidos dos fíos que as compoñen. Creando pezas asimétricas e respectando en moitas ocasións o bruto do acibeche.

. O sapo .

A peza máis importante de todo o meu traballo é o “Sapo”, peza reina da xoiería tradicional galega do século XVIII.

Trátase dun colgante composto de dous ou tres corpos, cuxa parte superior representa ao sol nacente. Os seus corpos inferiores fan referencia ao aparello reprodutor feminino, sendo símbolo de luz, forza e vida; considerado antigamente como amuleto protector.

Os procesos de deseño e elaboración dos sapos, absórbenme, namóranme, obsesiónanme… ata perder a noción do tempo.

Con eles trato de representar a figura da muller actual, forte e segura, coas súas dimensións e os seus acibeches engarzados normalmente en bruto, ao natural, respectando a súa propia beleza, sen maquillaxes, sen disfraces; ou coas súas esferas cheas de luz que reflicten a pureza da alma de quen as porta.

Os meus “Sapos” son xoias de autor feitas a man, únicas como cada muller.

Esta paixón cara aos sapos é recoñecida no 2018 ao outorgarme o premio de artesanía Antón Fraguas en categoría de tradicional coa peza “Un sapo, unha muller”.

. As coleccións .

A miña xoiería de autor vai máis aló da filigrana, presentando coleccións baseadas na natureza. Inspirándome nas follas dos nosos bosques ou nas pingas da choiva.

Cada folla que sae do meu taller é unha peza única feita coa calor do lume.

Cada engurra, cada nervadura moldeada pola chama do soplete é inimitable.

As pingas de auga, o resío da mañá, a néboa, a escuma do mar, vense reflectidas na colección . Brétemas . O seu característico engurrado reflicte esa humidade e fai que cada peza sexa especial.

Todas as miñas xoias de autor están deseñadas para ser algo especial: tesouros de familiares que perduren no tempo.

QUERO COMPRAR AS TÚAS PEZAS