"Os meus Aneis de prata están deseñados para todas as mans, non importa como sexan."

Os meus aneis de prata están deseñados para todas as mans, non importa como sexan, atoparás o anel perfecto. Son diferentes, únicos e feitos con moito esmero.

A maioría dos modelos son regulables en tamaño, adaptándose a cada persoa e a cada dedo, o mesmo aro loce diferente no dedo anular que no índice.

Aneis perfectos para o día a día ou para eventos especiais. Grandes e pequenas, simples e complexas.

Son aneis orixinais feitos a man, só tes que atopar o que che namore.

Entre os meus aneis de prata de lei atoparás pezas de diferentes estilos, aneis en filigrana e acibeche, onde as espirais feitas con fío de prata combínanse de forma completamente orixinal. Aros cun encanto especial, inspirados na natureza, as follas, as ramas…

Así mesmo, tamén deseño alianzas de voda, diferentes e feitas a man en prata de lei. Pódense facer en distintos anchos e variedade de texturas. Os aros de voda máis especiais son os feitos en filigrana, cada fío e bolita da súa composición outórgalles un carácter único.

Ademais, as dúas alianzas para a parella non teñen porque ser iguais, poden ser de diferentes anchos ou estilos. Unha en filigrana e a outra martilleada son a parella perfecta. Animádesvos cunhas alianzas únicas feitas a man? Únicas como o amor de cada parella.

Outros aneis son minimalistas, aros nos que se xoga con texturas, con detalles mínimal como pequenas boliñas. Só tes que buscar o que se adapte a ti.

Os aneis de prata 925 gañan beleza co uso, co rozamento dos dedos, dos tecidos, gañan brillo e profundidade. As esferas de prata darán luz ás túas mans, proporcionándolles unha beleza cegadora.

Aneis orixinais feitos a man e creados co corazón. Serán o agasallo perfecto.

"Un agasallo único? E porqué non? Regala o amor transmitido polas mans artesás."

Agora podes comprar en liña aneis de prata coa garantía de Artesanía de Galicia.