. Descobre os sapos .

" Sapos: a esencia da xoiería tradicional galega "

O “Sapo”, peza máis importante da xoiería tradicional galega do século XVIII. Complemento empregado ao pescozo, como colgante, ou como broche no escote. Trátase dunha xoia composta de dúas ou tres pezas unidas por argollas, con mobilidade entre elas.

O corpo superior dos sapos relaciónase co abrir do día, coa saída do sol, sendo símbolo de vida e luz.

Con todo, a peza ou pezas inferiores representan simbólicamente ao aparello reprodutor feminino; representando a forma dos ovarios e o útero. Cuxo significado é moi claro: forza e vida.

A súa simboloxía fai que sexa unha xoia súper especial e importante hoxe en día e antigamente considerábano un amuleto protector.

Estes colgantes realizados en prata 925 son moi importantes para min, polo seu significado e pola estreita relación coa miña cultura máis tradicional.

Todos os procesos necesarios para crear os sapos obsesiónanme, reláxanme. A miña mente está en calma, non existe a présa. As horas voan no taller pero o tempo para min detense.

Os meus sapos tratan de reflectir á muller que os porta. Unha muller actual, sen ataduras, libre e segura.

Para darlle forza visual ás xoias, apoioume nas súas grandes dimensións, o que as fan pezas de gran porte. Así , os seus acibeches traballados en bruto caracterizan os meus sapos porqué modificar algo que é belo na súa forma orixinal?

Moitas destas pezas tamén van adornadas con esferas de prata, outorgándolle un brillo especial, un efecto espello que cega a calquera reflectindo o mellor de quen o porta. É xoiería de autor artesanal que trata de representar a cada muller.

" Forza e vida: Hai mellor regalo que un sapo para esa muller tan especial? "

Ao comprar un sapo obterás un pedaciño moi importante da xoiería tradicional galega.