O anel de Judith. O anel de mamá

Judith chegou unha vez máis a min cunha xoia na súa mente, pero nesta ocasión era aínda máis especial, era para ela e estaba cargada de significado.

Porque a todas nos obsesiona o anel de mamá?

Os aneis de mamá sempre son xoias especiais. Judith tíñao claro e quería unha interpretación do de mamá. Sen ouro, sen esmeraldas… pero como o dela.

Un anel que a acompañará toda a vida, e a súa nai sempre estará presente nel.

 

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

Categoría: Etiquetas: ,

O anel de mamá sempre é algo especial. É esa xoia que sempre tes presente, pois son as súas mans as que nos sosteñen, as que nos acariñan cando temos medo, a que nos acougan ao facernos dano, as que nos axudan a seguir adiante, a conseguir cada logro. Inconscientemente están na nosa mente, pero non queremos que pasen nunca a ser nosas, queremos que mamá nos sosteña toda a vida. Judith xa ten o seu anel inspirado no de Chelo, e agora, Nai e filla poden lucir un anel que as une, cada unha cun anel do seu propio estilo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.