" Sente: a escuma do mar ao romper a onda, a néboa, o bafo ao respirar o aire frío, a saraiba e o orballo fresco."

A prata de lei engurrada ao lume fai que cada peza sexa única e inimitable creando así unha capa que nos dá esa sensación de humidade.

Son pendentes grandes, vistosos, brillantes… pero moi, moi lixeiros. Están traballados nun grosor de 0.25mm, o que me permite xogar con grandes dimensións.

“ Brétemas” é unha colección exclusivamente de pendentes inspirada nas pingas do rocío da mañá, na escuma do mar ao romper a onda, na néboa, no bafo ao respirar o aire frío, na saraiba e no orballo.

A versión Maxi desta colección son perfectos para lucir como pendentes para noiva ou para asistir a unha voda como a invitada perfecta.

Pendentes artesanais con moito carácter para as mulleres máis atrevidas.

Ao comprar uns “ Brétemas” terás contigo a frescura de Galicia.