Destacada

Anel Maxi filigrana e acibeche (Ref. 03)

Anel de corte actual realizado en prata de lei completamente a man.

Peza única, unha vez vendido non terá reposición.

Regulable, a elección de talla é orientativa, o anel #poder adaptar ao dedo sen problema.

É o anel perfecto para regalar.

Trátase dun anel asimétrico, polo que se lle dás a volta, terás un efecto totalmente diferente.

Un anel para lucir en todas as ocasións.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

80,00  (IVA incluído)

Add to wishlist
SKU: N/D Categorías: , , ,

Anel en prata 925 realizado artesanalmente. É un anel mediano – grande, alegre e informal. é unha peza 100% única, como ti.

Non hai outro igual, unha vez vendido non se repoñerá o modelo.

É unha alfaia deseñada para o día a día, queda moi lucida no índice e cun look informal. Se xogas coa súa asimetría, poderás conseguir dous aneis nun. Proba a darlle a volta, o efecto é totalmente diferente.

É un anel regulable, ideal para regalar, polo que a talla non será un problema. Pero a pesar do seu grosor no aro, non deixa de ser un metal nobre e delicado, non é recomendable cambialo de talla frecuentes, pois ao abrilo e pechalo podería partirse a prata.

Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita verase. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos, quedando escuros os seus baixo relevos, resaltando a filigrana.

Talle anel:

Talle 15, Talle 16, Talle 17, Talle 18, Talle 19, Persoalizado, Talle 20, Talle 10, Talle 21, Talle 11, Talle 22, Talle 12, Talle 23, Talle 13, Talle 14

Medidas:

35 x 20 mm. aprox.

Materiais:

• Prata 925
• Acibeche asturiano.

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.