Destacada

. Anel “Folliñas de carballo” .

Anel con Folla de carballo realizado en prata de lei con acabado oxidado. Deixate mergullar no corazón do bosque galego. Cada folla realizada a man é única, como cada elemento da natureza: como ti.

Envío ordinario 1€ co cupón envioordinario. Ver condicións en características.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

56,00  (IVA incluído)

Add to wishlist

O anel “ Folliña de Carballo” está inspirado na pureza dos bosques galegos. Con esta colección trato de transmitir a beleza das súas paisaxes máis puras. Cada folla realizada a man con mimo farache sentir a forza da natureza, cos seus nervios e as súas rugosidades, imitando as follas caídas no outono.

As técnicas de xoiería utilizadas para a elaboración desta colección son o segueteado, o reticulado e o oxidado.

A man leva a segueta polo contorno da folla para recortar a silueta. Os nervios que as conforman son cortados e colocados un a un. A destreza co soplete fai posible o reticulado e semifundido dos nervios. A pátina de óxido e o pulido a man dannos esa profundidade dos detalles.

Medidas da folla:

Longo: 35 mm
Ancho: 18 mm
Material: Prata de lei 925.

O anel é regulable. Ao elixir talla enviarase xa axustado á medida desexada.
Non se recomenda variar con regularidade o tamaño do anel, a prata ao ser forzada reiteradas veces podería verse debilitada e terminar partindo.

As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma.

Cupón envioordinario  . Condicións:

• Compra máxima de 40€.
• Ao usar este cupón estás a solicitar un envío ordinario a través de Correos.
• O envío non terá número de seguimento e Carla Alfaia non se fai responsable da súa perda.
• Ao utilizar este cupón as condicións de envío especificadas na web e na súa documentación legal quedan anuladas.
• O desconto xerarase no carriño véndose compensado cos gastos de envío.

 

Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado: podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.