Pendentes creados manualmente con fío de prata 925. Con volume e en forma de botón. O seu entrelazado a man dá lugar a dous pendentes parecidos pero non iguais, uns pendentes desenfadados e informais. Únicos, como ti. Imposible atopar dous iguais.
É unha xoia deseñada para o día a día, loce moi ben en calquera rostro e combina con calquera look. Podes combinalos con calquera peza da mesma colección, unha fina gargantilla cunha bolita ou un gran brazalete, ti elixes!
Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita verase. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos. No caso de que perda o seu brillo orixinal ou debido ao seu relevo presente zonas escuras bótalle un ollo aos consellos de limpeza e conservación.
Os pendentes dispoñibles non ten porque corresponder cos da imaxe. Todos están dotados dunha beleza única e a pesar de seguir as mesmas pautas de execución, cada entretejido é único.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.