Gargantilla Fíos

Gargantilla realizada con fío de prata de lei entrelazado a man.
a colección . Fíos . Trata de plasmar a unión dos nosos sentimentos e emocións. Cada fío segue o seu camiño, do mesmo xeito que o noso sentimentos, dando lugar a un anel único que só lucirá na túa man.

Esta gargantilla vestirá o teu pescozo en calquera ocasión. Un café, unha reunión na oficina, un simple paseo… ou un gran evento. Atrévesche?

É a gargantilla ideal para calquera ocasión.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

52,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles

Add to wishlist

Gargantilla de tamaño medio creado con fío de prata de lei de forma artesanal. Plana e de tamaño medio. O seu entrelazado a man dá lugar a unha xoia desenfadada, informal e por suposto única. Imposible atopar dous igual.

É unha gargantilla executada con moito mimo para que a goces en calquera ocasión combinada con calquera estilo.

Este gargantilla está realizada con fío de prata de 1mm de grosos, peza central con corpo, pero o seu efecto calado fai que sexa vistosa á vez que discreta. A súa delicada cadea consegue que se vexa como unha xoia moi discreta

Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita verase. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos. No caso de que perda o seu brillo orixinal bótalle un ollo aos consellos de limpeza e conservación.

A gargantilla dispoñible non ten porque corresponder coa da imaxe. Todos están dotados dunha beleza única e a pesar de seguir as mesmas pautas de execución, cada entretejido é único.

Medidas:

Cadea: Longo total 35 cm + 4cm alargador.
Peza de prata: 60 x 55mm aprox.
Materiais:

• Prata 925

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Esta colección pode limparse tamén cun cepillo suave e pasta dentífrica. Fregar suavemente e aclarar con abundante auga e xabón neutro. Recuperará o seu brillo orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.