Este colgante esta inspirado nas arracadas da Fonsagrada, que tradicionalmente eran un presente para as nais primerizas e que hoxe en día son pendentes tradicionais.
Nesta ocasión, o “símbolo” da Fonsagrada heino emarcado en filigrana para conseguir un colgante único que represente todos ese bos momento co teu bebé. Un colgante, que ao tocalo transpórteche a aqueles primeiros movementos no ventre, a vosa primeira caricia, o seu cheiro ao nacer… unha xoia que evocará recordos.
Unha xoia exclusiva para pasar de nais a fillas e representar o amor deste vínculo.
Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!
O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.