Destacada

Colgante bebé e nai

Colgante feito a man en prata de lei, representación do vínculo entre unha nai e o seu fillo. Símbolo de maternidade.

Un colgante para ter sempre presente esa etapa na que todo o teu ser centrouse en crear vida.

É unha peza de xoiería exclusiva que só será portada por ti.

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

128,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles

Add to wishlist

Colgante representación da maternidade. Etapa única na vida dunha muller. Crear vida é un proceso máxico que debemos lembrar e atesourar como un dos momentos máis bonitos da nosa vida.

É un dixen feito artesanalmente en prata de lei. Cada espiral formada co fillo de prata é un elemento único que na súa combinación dá lugar a unha xoia única que che representa só a ti e ao teu bebé. Xoia que esconde moito sentimentos: medo ao que poida pasar, ilusión por formar unha nova vida, inseguridade por si se podería facer mellor, e moito, moito amor. O amor máis puro que se pode sentir.

Unha xoia única que representa o voso vínculo.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas: 70 x 35 mm (incluída argolla) Materiais: Colgante realizado en prata de lei. Cordón en antelina con peche en prata. Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire. Limpeza e abrillantado: Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.