Destacada

. Pulseira “Folliñas de carballo” .

Pulseira con dúas follas de carballo, acabado oxidado -brillo. Feitas en prata de lei. Sente a maxia dos bosques de Galicia. O sua feitura manufacturada artesanalmente fai que cada folla sexa exclusiva.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

70,00  (IVA incluído)

Add to wishlist

A peza central desta pulseira está formada pola combinación de dúas follas de carballo de diferentes tamaños. Este contraste de medidas outórgalle unha estética máis realista e natural porque… quen pode atopar dúas follas iguais na natureza?

As súas follas son segueteadas a man una a unha, os seus nervios colocados con pulso para ser todo fusionado baixo o soplete. Unha vez formada a peza, dáselle profundidade coa pátina de oxidado e pulido. A súa correa de coiro vai con dobre volta e un pequeno gancho de prata.

Con esta pulseira sempre levarás contigo a esencia dos nosos bosques.

Medidas:

Peza prata: 65x35mm aprox.
Folla grande: 47x28mm.
Folla pequena: 35x18mm.

Materiais:

  • Prata de lei 925 e cordón de coiro negro.
  • Correa dobre volta en coiro negro (Elixir medida).
  • Peche gancho en prata de lei.

*As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma.

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.