Destacada

. Ear cuff “Filigranas” .

Ear cuff ou aro sen peche para colocar na cuncha da orella. É un pendente único realizado artesanalmente en prata 925. A tradicional filigrana lucida nunha xoia única completamente vangardista.

dáche un capricho e loce diferente!

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

22,00  (IVA incluído)

Dispoñible para reserva

Add to wishlist

A filigrana, técnica de xoiería tradicional moi representativa da xoiería galega. a combinación de fíos traballados en espirais e pequenas bólas permítenme crear xoias especiais como esta, pequenas pezas con moita alma.

Este aro ou ear cuff, deseñado para colocar na cuncha da orella, sen peches, é unha alfaia única, realizada a man pensada para a muller ou o home de hoxe.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:   Materiais: • Prata de lei 925 Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire. Limpeza e abrillantado: Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.