Contas as avoas que as ” arracadas da Fonsagrada” eran regaladas ás mulleres co nacemento do primeiro fillo. Unha tradición que conseguiu que estes fermosos aros estean moi estendidos na zona de Lugo. un aro simple, cargado de beleza e cun significado precioso.
Pendentes creados de forma artesanal e con moito mimo para que poidas portar toda a tradición e maxia que transmiten estas arracadas.
Estes aros, planos, lisos e cunha soa filigrana cuxa función é dar estabilidade ao pendentes, teñen un peche seguro de media esfera. Colócanse de atrás cara adiante, facendo encaixar o fío de prata no buraco da esfera.
Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!
O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.