Pulseira en filigrana, coiro e acibeche asturiano

Pulseira contemporánea realizada en prata de lei con técnicas clásicas.

A filigrana, tan arraigada á nosa tradición xoieira, tráioa á actualidade: cambiando patróns, estética, tamaños, simetrías… para vestir o teu pulso baixo as tendencias actuais. Cunha correa en coiro desenfadada, para o día a día. Un acibeche traballado en “bruto” e un peche de gancho que facilita a súa colocación.

É o complemento ideal para calquera ocasión.

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 100 €.

70,00  (IVA incluído)

Add to wishlist
SKU: N/D Categorías: , ,

Pulseira con corte actual, desenfadada, informal e á vez cun aire clásico que nunca pasa de moda. A prata 925 é traballada manualmente para conseguir unha peza 100% única, como ti.

Trátase dunha xoia pensada para o día a día, coa súa correa de coiro que encaixa con calquera estilo e o seu peche con forma de gancho que facilita o poñela e quitala, para esas mañás nos sales con présa e o café na man.

O seu peche lateral, a un extremo un nó e ao outro o gancho de prata, rompe a simetría, rompe as normas… facendo que esta pulseira sexa aínda máis especial.

Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita se vera. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos, quedando escuros os seus baixo relevos, resaltando a filigrana.

Medidas:

55x21mm

Materiais:

• Prata 925 • Cordón 2mm coiro negro nacional. • Acibeche asturiano.

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.