Contas as avoas da zona que as ” arracadas da Fonsagrada” regalábanse ás mulleres ao dar a luz o seu primoxénito. Tradición que conseguiu que estes fermosos aros estean moi presentes nesta zona de Lugo.
Un pendente simple, cargado de beleza e cun significado precioso.
Arracadas elaboradas a man para que luzas uns pendentes cargados de tradición, significado e maxia.
Estes aros, planos, lisos e cunha soa filigrana cuxa función é dar estabilidade ao pendentes, teñen un peche seguro de media esfera. Colócanse de atrás cara adiante, facendo encaixar o fío de prata no buraco da esfera.
Se dubida en como poñelos ou cal é a mellor forma de pechalos Escríbeme! Mandareiche un vídeo.
Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus partes lisa brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!
O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.