Sente…

O frescor do bosque… O cheiro a terra húmida… O son do arroio…

Asolágache dos bosques galegos.

 

"Nuestros Bosques é unha colección de xoias inspiradas na natureza."

Cada folla, cada poliña, cada elemento natural que creo no meu taller son pezas únicas, xoias artesanais realizadas en prata de lei e do mesmo xeito que os elementos que atopamos na nosa contorna, cada unha delas é diferente.

Os aneis, pulseiras, pendentes, colgantes… que forman esta colección están cheos de vida, de natureza en estado puro.

As técnicas máis utilizadas para elaborar esta colección son:
1. O calado, onde cortamos a segueta as follas e as demais formas desexadas.
2. O reticulado, técnica na que se funde a parte superficial da peza con axuda do soplete, conferíndolle ese engurrado tan similar ao natural.

Xoias realizadas en prata de lei e cun acabado en óxido abrillantado para conseguir profundidade e carácter.

As cores vibrantes das follas na primavera fanme sentir viva, con forza.

O silencio ruidoso acóugame, transmíteme serenidade. e os cheiros… cheiros que me fan conectar coa miña infancia: a madeira, a humidade, a herba…

Ao comprar unha destas pezas levarás contigo o encanto dos bosques galegos e un pouquiño das sensacións que me transmíteme esta contorna.

"Ao inspirarme na natureza trato de transmitir o que sinto ao entrar nun bosque."

Son o agasallo perfecto, cada unha das miñas xoias inspiradas na natureza é única, como a flor que o neno regala á persoa amada.