Pendentes -aros “Folliña de oliveira”

Pendentes – aros, unha folla de oliveira formando uns pendentes únicos. Realizados en prata de lei, a man, con moito mimo para vestir os lóbulos máis esixentes. Cada folla formada baixo a calor do lume é unha xoia de autor única.

Déixate namorar pola beleza da nosa natureza.

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

44,00  (IVA incluído)

Dispoñible para reserva

Add to wishlist

Os pendentes “ Folliñas de Oliveira”son uns aros diferentes, unha folla curvada para dar lugar a uns pendentes únicos.

Con esta colección trato de facervos chegar a beleza da natureza que me rodea.

Cada folla feita exclusivamente con procesos artesanais nos que poño moito mimo, farache sentir a forza da natureza, cos seus nervios e as súas rugosidades, imitando cada unha das follas que caen dunha oliveira.

As técnicas de xoiería utilizadas para a elaboración desta colección son o segueteado, o reticulado e o pulido.

A man leva a segueta polo contorno da folla para recortar a silueta. O nervio central colocado con delicadeza. A destreza co soplete fai posible o reticulado e semi-fundido dos nervios. O acabado no alto brillo fai deles unha xoia exclusiva.

Medidas da folla: medidas do aro: 20 x 28 aprox. Ancho da folla: 10 mm aprox. Material: Prata de lei 925. As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma. Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire. Limpeza e abrillantado: Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.