Destacada

. Pendentes “Hortensia” grandes .

Pendentes con forma de Flor de hortensia. Feitas artesanalmente dunha nunha en prata 925 e cun acabado engurrado brillante. Cada flor única, enmarcará o teu rostro para facerche sentir especial.

Déixache namorar pola beleza da nosa botánica.

Medidas flor: 33 x 33 mm. aprox.

Longo total: 77 mm.

 

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

65,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles

Add to wishlist

Os pendentes “Hortensias” están inspirados nos millóns de flores de hortensia que asolagan os xardíns da nosa infancia.

Cada flor feita a man é unha peza completamente única. A súa textura faia aínda máis especial.

Flor de hortensia realizada artesanalmente en prata de lei.

Material: Prata de lei 925.

As follas están completamente feitas a man, por este motivo pode haber unha leve variación nas medidas e na forma.

Consellos de conservación: A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado: Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.