Aros mini “Filigranas”

Estes aros mini realizados en filigrana e con peche a presión están feitos 100% a man en prata de lei. Unha xoia de autor única.
Déixate envolver pola maxia da filigrana e consíntete cuns pendentes únicos.

*Para envíos internacionales, por favor contacta conmigo.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

72,00  (IVA incluído)

1 dispoñibles (pode reservarse)

Add to wishlist

A filigrana é unha técnica de xoiería antiga na que se combinan os fíos encaracolados coas diminutas bólas de prata para formar pezas con moita alma.

Estes pendentes están feitos na súa totalidade de forma artesanal. Cada fío formado a man e colocado xunto a cada mini boliña, este proceso artesanal dalle un carácter máxico á xoia final.

Estes aros, abertos na súa parte posterior e terminados en espigo con peche a presión, son moi cómodos de poñer e quitar. O seu sistema de peche tradicional facilítanos a súa colocación sen perder a estética dun aro.

Esta versión mini está feita sobre lámina e a súa filigrana non vai calada. A pátina de óxido xunto a un minucioso pulido e abrillantado, permítenos apreciar toda a beleza e profundidade de todos os seus detalles.

Poderás atopar tamén unha versión mediana e grande destes aros tan especiais.

Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e boliñas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

Diámetro aprox. 21 mm

Materiais:

• Prata de lei 925

Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.