Vendido

. Colgante – broche Máscara Pantalla . Xinzo de Limia

Colgante e broche inspirado en “As Pantallas” do Entroido de Xinzo de Limia.

No seu parte traseira ten unha argolla para cordón, cadea, lazo… e un borche de prata.

Este colgante é un tributo ás tradicionais Máscaras do Entroido de Xinzo de Limia, As Pantallas.

Repetando a forma da Máscara e adornada con filigrana formada a man, este colgante é unha xoia de autor única.

 

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

170,00  (IVA incluído)

Esgotado

Este colgante ou broche , inspirado nas Pantallas dos nosos entroidos, está realizado artesanalmente en prata de lei. A unión de tradición cultural e técnicas de xoiería clásicas, dan lugar a unha xoia única.

esta xoia está elaborada con moita delicadeza, dando forma a cada unha das súas filigranas e perfís. Unha auténtica xoia de autor , homenaxe ás Máscaras do noso Entroido.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

46 x 33 mm.

Materiais:

Colgante en prata de lei.
Cordón de coiro (Curto, tipo gargantilla)
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.