DestacadaVendido

Colgante acibeche e esferas de luz, Filigranas.

Colgante actual inspirado na xoiería tradicional galega. Un colgante que che dará luz e maxia facéndoche sentir única.
Inclúe cordón de antelina con peche en prata de lei.

• Gastos de envío 4,99 €.

• Gastos de envío gratuítos a partir de 50 €.

145,00  (IVA incluído)

Esgotado

Este colgante , xoia realizada a man en prata 925, é a unión da tradición e a contemporaneidade, respectando a técnica tradicional , buscando formas, curvas e texturas actuais.

esta xoia está elaborada con moito mimo, dando forma a cada unha das súas filigranas e bolitas de prata de lei. Unha auténtica xoia de autor pensada para pasar de muller a muller, herdanza de luz, vida e forza.

Déixache levar pola maxia da tradición e asolágache da enerxía das mulleres de outrora sen perder a beleza actual.

Sabías que canto máis o uses máis bonito lucirá?: co uso, os seus fondos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non o deixes esquecido nun caixón!

O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.

Medidas:

60 x 40 mm (incluída argolla)

Materiais:

Colgante en prata de lei e acibeche asturiano.
Cordón en antelina con peche en prata.
Consellos de conservación:

A mellor forma de conservar o seu brillo é o uso frecuente e gardala nun recipiente hermético para evitar o contacto co aire.

Limpeza e abrillantado:

Podes limpar as túas pezas de prata con gamuzas especiais para prata, algodóns e líquidos. Sempre facendo unha pequena proba, se o produto é moi agresivo poderás retirar tamén a pátina de óxido orixinal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.