A filigrana, técnica de xoiería tradicional moi representativa da xoiería galega. a combinación de fíos traballados en espirais e pequenas bólas permítenme crear xoias especiais como esta, pequenas pezas con moita alma.
Este aro ou ear cuff, deseñado para colocar na cuncha da orella, sen peches, é unha alfaia única, realizada a man pensada para a muller ou o home de hoxe.
Ahhhhhh! Canto máis os uses máis bonitos lucirán. Co uso, os seus recunchos volveranse máis escuros. E os seus relevos, os seus fíos e bólas, brillarán con moita máis intensidade grazas ao rozamento diario. Non os deixes esquecidos nun caixón!
O Ph da nosa pel pode escurecer a prata, se é o teu caso, bota unha ollada aos consellos de conservación e limpeza.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.