Anel en prata 925 realizado artesanalmente. Unha xoia de autor única para unha muller única.
Anel deseñado para uso diario. Pero verase elegante como a invitada perfecta.
Se xogas coa súa asimetría, poderás conseguir dous aneis nun. Proba a darlle a volta, o efecto é totalmente diferente.
É un anel regulable, ideal para regalar, polo que a talla non será un problema. Pero a pesar do seu grosor no aro, non deixa de ser un metal nobre e delicado, non é recomendable cambialo de talla frecuentes, pois ao abrilo e pechalo podería partirse a prata.
Como toda peza de prata, canto máis a uses, máis bonita verase. O seu brillo intensificarase polo rozamento coa pel e os tecidos, quedando escuros os seus baixo relevos, resaltando a filigrana.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.