Os pendentes “ Folliñas de Oliveira”son uns aros diferentes, unha folla curvada para dar lugar a uns pendentes únicos.
Con esta colección trato de facervos chegar a beleza da natureza que me rodea.
Cada folla feita exclusivamente con procesos artesanais nos que poño moito mimo, farache sentir a forza da natureza, cos seus nervios e as súas rugosidades, imitando cada unha das follas que caen dunha oliveira.
As técnicas de xoiería utilizadas para a elaboración desta colección son o segueteado, o reticulado e o pulido.
A man leva a segueta polo contorno da folla para recortar a silueta. O nervio central colocado con delicadeza. A destreza co soplete fai posible o reticulado e semi-fundido dos nervios. O acabado no alto brillo fai deles unha xoia exclusiva.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.